lunes, 5 de mayo de 2008

O SIX do espazo (sky)

O xigante estadounidense Google, propietario do buscador máis usado de Internet, comunicou o lanzamento de «Sky», unha nova ferramenta que permite ao usuario, a través do programa «Google Earth», explorar o espazo dende a Terra. Con esta ferramenta, según informou a multinacional nun comunicado, os usuarios poden contemplar o ceo dende calquera lugar do mundo e navegar entre 100 millóns de estrelas e 200 millóns de galaxias.
A idea básica é coller Google Earth e darlle a volta para que no lugar de ver a Terra se poida ver o ceo », dixo o especialista da tecnoloxía xeoespacial de Google, Ed Parsons, a BBC News.
Para poder acceder a esta nova ferramenta, os usuarios soamente teñen que descargar «Google Earth» e elixir a opción de «Sky» na barra de ferramentas.
O interfaz e a navegación é similar á do programa estándar de «Google Earth», que permite buscar, xirar e acercarse a determinadas estrelas, constelacións e galaxias.
Así, os usuarios poden aprender acerca das constelacións, investigar as distintas estrelas que as conforman, observar o espazo a través de 120 imáxenes de alta resolución do telescopio espacial «Hubble», admirar o movemento e as fases da Lúa, localizar os sete planetas oficiais, efectuar un tour virtual por diferentes tipos de galaxias e realizar un recorrido polas diferentes etapas do ciclo vital dunha estrela.
«Sky» no é a primeira incursión de Google no espazo, dado que xa en marzo de 2006 lanzou «Google Mars» que permite aos usuarios explorar a superficie do planeta vermello.
Os mapas de Marte foron elaborados por Google sobre imaxes tomadas polas sondas da NASA «Odyssey» e «Global Surveyor», que dende fai anos xiran no torno ao planeta vermello.

martes, 1 de abril de 2008

A asociación de Terras de Miranda e a Universidade de Santiago de Compostela convocan hoxe un convenio có que se vai desarroiar un proxecto denominado Márketing e promoción turística dos territorios rurais: aplicación de sistemas de información xeográfica. O proxecto de cooperación interterritorial no que traballarán nos próximos meses,contemplan a elaboración dun sistema de información xeográfica (SIX),unha páxina web...

lunes, 31 de marzo de 2008

OS SIX, unha ferramenta para coñecer a fondo o territorio.

A través do SIX podemos coñecer grandes sistemasque almacenan información alfanumérica e cartográfica de xeito integral. Os dous tipos de datos poden ser procesados conxuntamente.
A posibilidade de proporcionar datos sobre o terreo ligados á cartografía dos mesmos fan do SIX unha infraestructura idónea para un amplo número de aplicacións. Grazas a aplicación destes sistemas é posible que as administracións públicas non só melloren os seus procesos internos, senón que poidan facerlle chegar á cidadanía esta información de xeito moi sinxelo. As bases duns SIX son a mellora da tecnoloxía informática e os esforzo dos grupos de investigación que traballan neste eido por desenvolver deseños destas ferramentas que permitan o Software libre.
LA VOZ DE GALICIA
10 DE FEBRERO DEL 2008